Saltar ao contido

A Revolta do Umia publica o cartaz por días

    O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente a distribución de grupos por días, así como os horarios completos das actividades. Estes horarios poden consultarse na páxina oficial do festival na sección https://arevoltadoumia.gal/horarios/

    Coa distribución de grupos por días, o venres 26 actuarán Bellvitge (Barcelona), Pants Off, Solar Corona (Portugal), Loita Amada, Fillas de Casandra, Aphonnic, Ícaro e Xaby dj.

    O sábado será o turno para Igloo, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Dharmacide (Madrid), Dani, Copa turbo, Gator the alligator (Portugal), Ortiga, Monoulious Dop e Duendeneta.

    Desde a organización traballan aínda na procura de novas actividades ás publicadas oficialmente. Nalgunha delas as xestións están moi avanzadas polo que nos vindeiros días podería haber máis sorpresas.

    Os abonos, as entradas de días, as prazas para a zona camping ou autocaravanas, os obradoiros ou as actividades que requiran reserva previa poden adquirirse na web oficial do festival http://arevoltadoumia.gal.

    cartaz definitivo
    Etiquetas: