HORARIOS
* Os horarios indicados son orientativos, susceptibles de ser modificados en función de criterios de produción.
Venres 25 de Agosto
13:00 Cata sonora
Un ano máis, a través de Lugardelvino, degustaremos CATRO (4) viños galegos coa maridaxe da música de Loita Amada. Ademais este ano cambiamos de ubicación a cata, trasladándoa a un mazadoiro dunha das casas da aldea, un ambiente único debaixo dunha viña e cunhas vistas incribles.
16:00 Proxección curtas gañadoras festival lav.mov
A primeira hora da tarde trasladarémonos a unha das casas vellas de Vilar de Mato, en cuxo interior serán proxectadas as curtas gañadores do Festival LAV.MOV de Vedra.
18:00 Proxección videoclips musicais
A partir da apertura de portas, no escenario principal proxectaranse vídeoclips musicais, entre eles algúns grupos que en edicións anteriores participaron no festival.
19:45 BELLVITGE
20:50 PANTS OFF
21:55 SOLAR CORONA
23:00 LOITA AMADA
00:05 Fillas de Cassandra
01:10 APHONNIC
02:15 ÍCARO
03:00 XABY DJ
Sábado 26 de Agosto
10:00 ANDAINA
Un ano máis as actividades do sábado comezan cunha andaina que percorre a ruta de sendeirismo PR-G 123 SENDA PEONIL DA PONTE DO RAMO. A ruta transcorre pola beira do río Umia, parando en varios muíños restaurados e zonas de lecer, e chegando ao xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Cequeril.
Hai 2 variantes da ruta, pero en ningún caso leva máis de 2,5 horas. Aínda que a actividade está dirixida a todas as persoas, en caso de mobilidade reducida, prégase contactar coa organización.
11:00 Pasarrúas a cargo de Hai que roelo
Programaremos tamén para o sábado un pasarrúas do grupo de música tradicional galega Hai que Roelo, tentando involucrar no festival á xente maior e a todos os habitantes da contorna que senten deste xeito o festival como propio.
12:00 Obradoiro de dj´s para nenos
Ás 12 h da mañá do sábado, Dj Moe dirixirá un obradoiro infantil gratuíto, con prazas limitadas. Neste obradoiro, os máis cativos poderán aprender dun dj profesional as claves para poder mesturar música electrónica, descubrindo así os dispositivos e tecnoloxías requiridas. Destinatarios: Público infantil (Ata 16 anos).
11:30 Obradoiro de cerámica castrexa
Na sesión matinal do sábado, a Fundación Terra Termarum Castrolandín, impartirá un obradoiro de cerámica castrexa, na que os asistentes poderán experimentar na creación de cerámica dun xeito artesanal. O obradoiro é gratuíto, con reserva e prazas limitadas.
12:45 Obradoiro de café premium: claves para un café perfecto
Da man dun dos nosos colaboradores, Café Dromedario, realizarase un obradoiro no que descubrir as claves coas que poder preparar un café de máquina da máxima calidade. Todos os asistentes ao obradoiro serán agasallados cun paquete de café da marca Dromedario.
12:45 Entrega do premio á labor da defensa do medio ambiente, patrocinado por Vermut Sardino
Coa batuta de Fran Campos (Radio Estrada), farase entrega oficial do premio á persoa física ou entidade que destaque pola súa labor na defensa do medioambiente.
12:45 Sesión vermú con Duendeneta. Eladio y los Seres queridos e Igloo by vermut sardino
Este ano a sesión vermut, patrocinada por Vermut Sardino, contará cos grupos Igloo, Eladio y los seres queridos e a sesión de Duendeneta.
12:50 IGLOO
13:50 Eladio y los Seres queridos
15:00 Xantar Popular
Coa intención de ofrecer un lugar de encontro interxeneracional, celebraremos o tradicional xantar popular. Para isto contarase co servizo dun profesional da hostalaría que servirá un menú composto por polbo á feira, churrasco, postres, viño da casa e café. Aínda que a actividade está dirixida a todos os públicos, os menores deberán acceder acompañados dun adulto ou titor/a.
Consulta aquí as condicións do Xantar Popular e reserva a túa praza.
16:30 Actividades de tempo libre a carón do río
Á beira do río Umia, o sábado pola tarde programaremos actividades de ocio e tempo libre, como tirolina sobre o río, que sen dúbida animarán ós máis cativos. Tamén á beira do río e para os máis pequenos, programaremos os tradicionais xogos populares, con material de refugallo no serán do sábado.
17:00 Obradoiro de baile e percusión
Baixo reserva, de xeito gratuíto e en grupo reducido, o mestre de música da agrupación Hai que Roelo, impartirá un obradoiro de baile tradicional e percusión. Trátase dunha oportunidade única de escoitar os consellos e recomendacións dun profesional da música tradicional.
18:00 Fin exposición grafiteiros
Tras dúas xornadas de preparación e traballo, os grafiteiros rematarán as súas obras, que quedarán expostas nun mural de madeira para desfrute dos asistentes.