Saltar ao contido

PREGUNTAS HABITUAIS

¿ONDE É A REVOLTA DO UMIA?

O festival A Revolta do Umia ten lugar en Vilar de Mato, un pequeno núcleo rural pertencente ao concello de Cuntis. A aldea está situada a 10 minutos do centro da vila, seguindo a EP- 8402 (haberá indicacións).
Aquí podes ver a localización en Google Maps.
Ademais, a organización disporá de autobuses gratuítos dende Cuntis e A Estrada.
Aquí poderás consultar información sobre como chegar.

HORARIOS DO FESTIVAL

O recinto do festival abrirá o venres 25 de agosto ás 18:00 horas.
O sábado a apertura do recinto será ás 11:45 horas.
Ademais dos concertos, hai unha chea de actividades paralelas das que podes desfrutar. Aquí podes consultar os seus horarios.

SOBRE A ZONA DE ACAMPADA

A zona de acampada terá as portas abertas dende o venres 25 de agosto ás 12:00 horas ata o domingo 27 de agosto ás 14:00 horas. A nivel servizos, disporá de baño e duchas.
Aínda que é gratuíta, deberás facer a túa reserva no momento de mercar o abono.

BUS

A organización poñerá á vosa disposición autobuses gratuítos dende Cuntis e A Estrada.
Segue as redes sociais para coñecer horarios e lugares de saída.


ALOXAMENTOS

Se o da acampada non é o teu, aquí podes consultar os aloxamentos que atoparás en Cuntis.
Algúns destes aloxamentos ofrecerán un desconto para o público do festival. Estes descontos poderás consultalos na web do festival e nas nosas redes.

ENTRADA AO RECINTO

Para acceder ao recinto do festival será necesario ter a pulseira acreditativa, que se consegue ao trocar o abono do festival ou a entrada de día.

¿A PULSEIRA É INTERCAMBIABLE?

Non, a pulseira de entrada ao festival é persoal e intransferible. Toda pulseira danada ou rota non será válida para o acceso e as compras dentro do festival.


¿HAI QUE MERCAR OS ABONOS OU ENTRADAS POR INTERNET OU PODEN MERCARSE NO MESMO FESTIVAL?

Podes mercar as túas entradas en arevoltadoumia.gal ou no propio festival.


¿PODO MERCAR ENTRADAS SÓ PARA UN DÍA?

Efectivamente, non é necesario mercar o abono para os dous días, xa que hai entradas de cada xornada individual.


¿HAI APARCAMENTO PARA COCHES?

Si, haberá unha zona de aparcamento gratuíta a escasos metros do recinto.
Con todo, recomendámosche que empregues o bus gratuíto dende Cuntis ou A Estrada.


¿PODEN ACCEDER NENOS AO FESTIVAL?

Os nenos ata 16 anos inclusive poderán acceder gratis acompañados dun adulto.
Aconsellamos, para os máis pequenos, o uso de cascos para protexer os seus oídos.
Aquí podes descargar o modelo de autorización.


¿PERMÍTESE O ACCESO DE MASCOTAS?

Si. Somos un festival comprometido co medio ambiente e, coa vida animal. Só pedimos que a mascota estea atada, controlada e que o dono/a responda por ela.
No caso de tratarse de razas consideradas potencialmente perigosas deberase cumprir coa lexislación vixente.
Lembra levar bolsas para as feces.


¿OS HORARIOS DO CARTEL SON PECHADOS?

A idea é que si, pero somos humanos e pode haber imprevistos. Pedimos desculpas de antemán por calquera retraso que se poida producir. A organización resérvase o dereito de alterar os horarios da programación por causas debidamente xustificadas.

¿LEVO ROUPA DE ABRIGO?

Aínda que sexa agosto, as noites poden refrescar, así que, algo de abrigo nunca ven mal.
Tampouco esquezas o traxe de baño, o festival ten lugar na contorna do río Umia, con zonas perfectas para o baño.


¿COMO FAGO OS PAGOS NO RECINTO?

A bebida e comida do festival poderás pagala coa túa pulseira cashless. A pulseira recárgase nos postos de recarga habilitados no recinto do festival ou a través da web do festival. Lembra que poderás solicitar a devolución do diñeiro que non gastes unha vez rematado o festival, no prazo establecido e baixo petición expresa do consumidor.


¿PODERASE PAGAR CON TARXETA?

Si, para a recarga da pulseira poderase facer o pago con tarxeta ou en efectivo.

¿E OS PAGOS NO MERCADO?

Os pagos no mercado da Revolta poderán ser en efectivo ou con tarxeta, segundo dispoñibilidade de cada comerciante.