Bandas

Cartaz completo festival

Bala

Unha das bandas máis promotedoras do panorama do rock e do metal nacional. A súa música tamén soa forte en New York, Tokio, Berlín e moitas outras cidades mundiais nas que son recoñecidas coma uns dos grupos punteiros.

Viva Belgrado

Este grupo formouse en Córdoba no ano 2012 e a súa música abarca varios xéneros musicais dende o punk-rock, post-hardcore ou screamo. Teñen xa unha ampla traxectoria en diversos festivais europeos coma Primavera Sound, Resurrection Fest ou Mad Cool

Terbutalina

É un dos grupos de música máis asentados e populares no panorama musical galego, asíduo dos mellores festivais do país. Unha banda de garage punk que en palabras do propio grupo “é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados”. Presentación que nos serve para coñecer a súa identidade. E si, Terbutalina é sinónimo de festa.

Grande Amore

Un dos artistas emerxentes que vén de triunfar nos moitos concertos e festivais nos que participou este pasado 2021.Grande Amore bebe de fontes diversas como o pop, rock e a electrónica industrial dos 80. Unha mezcla entre o post-punk, o synth-punk e as influencias localistas da nosa terra. O sonido de Grande Amores é coma o desasosego existencial de hoxe.

Igloo

Un grupo cunha gran traxectoria ás súas costas, galardonados en diferentes premios coma os Premios da Música Independente, Premios Mestre Mateo, Festival de Cans… Igloo nace cando o ‘indie’ non era ‘mainstream’ e, paradoxicamente, 17 anos despois son máis independentes ca nunca.

Kings of the Beach

Desenvolven un sonido persoal que bebe do punk rock e o garage, todo acompañado de ritmos de praia, rapidez e salvaxismo. Cun directo cada vez máis intenso, participacións importantes en festivales como Atlantic Fest, Osa do Mar e O Marisquiño e algún que outro premio, consolídanse coma un dos grupos a ter en conta no panorama musical galego.

Liska!

O ska e o reggae voan xuntos a través da banda viguesa, Liska! É sen dúbida historia viva do ska galego. Liska! é un exército de ventos, guitarras e voz que leva a festa comprometida como bandeira. O grupo atópase en mellor forma que nunca, cunha formación estable e presentando o seu novo disco e peche de época, “República 2.0”.

Ann Trash

A súa música é moi versátil: raps que van desde o old school ao crunk, pasando polo hardcore. Con sons electrónicos escuros e inquietantes, influenciados, ás veces polo funk ou o rock e outras veces polo punk, o soul ou a salsa. É por isto que a artista é contraria a cualificarse ou etiquetarse.

Lisdexia

Lisdexia, punk, rock galego e reivincativo que, no pouco tempo que levan en activo, conseguiron chegar a maís xente que a maioría das bandas da súa idade. Caracterízanse polas guitarras distorsionadas e unhas letras poderosas que chaman á acción social. Lisdexia é unha banda prometedora cun contido que revolucionará o panorama da música underground galega e en galego.

Capital Voskov

Non son novos nos escenarios, aunque si estrean identidade. Capital Voskov é o resultado dunha traxectoria que comezou con Maestro e na que cada un dos seus membros foi achegando todo aquilo que lles fixo evolucionar musicalmente. O grupo dou un paso máis na búsqueda dunha identidade propia que non deixa a ninguén indiferente.

DJ Viktor Flores

En doce anos de carreira, pasou por diversos estilos da electrónica (house, techno….), pero desde 1996 abandera o hoxe popular son minimalista centroeuropeo, combinándoo con discos atemporales de Chicago e Detroit, apuntamentos de dub, o pop máis electrónico, electro ou clásicos do son disco, EBM ou tecno-pop.

DJ Ozetak

Tras moitos anos na música, Ozetak, Integrante do grupo “ Fourth Core” decide crear un proxecto ata o momento único cun fin, demostrar que a arte do Turntablism ten aínda moitísimo percorrido no noso país. Estilos musicais como o Dubstep – Ghetto Funk – Rap – Rock – Reggae – Uk Garage – Jungle – Drum& bass – Jazz – Soul -Swing – Blues – Rockabilly – Future Bass – Tribal Dancehall – Liquid e Trip Hop únense nas súas sesións de Freestyle chegando así a todo tipo de público underground.