Saltar ao contido

COÑECE OS ARTITAS

ORTIGA

Cando Ortiga (aka a metade de Boyanka Kostova, a metade de Esteban y Manuel, a metade de Los Rastreadores, entre outros proxectos paralelos) pon a funcionar en directo a súa caixa de ritmos, non deixa lugar a dúbidas: debates xeneracionais aparte, a súa proposta é única e singular. Porque Galicia e o Caribe achéganse para mesturar o mellor das nosas verbenas, e o mellor dos ritmos caribeños, trufado todo isto por un auto-tune galaico que xa ten selo de calidade propio. E este ano traerá a súa cumbia verbenera á Revolta do Umia, así que o baile está garantido.

ortiga

MONOULIOUS DOP

Co terceiro disco publicado, “Disko disko”, Monoulious Dop atrévense co disco, o funk, a bachata e incluso o auto-tune (dende aquí lanzamos a proposta dunha denominación de orixe “auto-tune galaico”). Pero se algo non cambiou, é a forma de afrontar os concertos, con enormes doses de sentido de humor e bo rollo.

Disto teremos este ano na Revolta do Umia con Monoulious.

MONOLIOUS DOP

APHONNIC

Aphonnic é unha banda de metal alternativo de Vigo, amplamente coñecida entre o público galego e español, con máis de 20 anos de traxectoria ás súas espaldas e 6 discos publicados. Teñen levado a súa música a importantes festivais deste país como Resurrection Fest, Viñarock, Download, Zlive, Shikillo Fest, IruñaRock, etc. Este ano estarán na Revolta do Umia para demostrar por que son un dos grupos máis respetados no panorama do metal nacional.

Aphonnic

danic0stas

Dani Costas (1997) é a filla de Rosa Costas e Silvino Díaz, membros de Aerolineas Federais, e sobriña de Miguel Costas, de Siniestro Total. Con estas raíces, non podía dedicarse a algo que non fose a música. Dani ofrece un estilo de pop electrónico con predominio de ritmos pegadizos, guiños naif e letras cheas de sinceridade. En xaneiro deste 2023 ven de sacar ao mercado un novo traballo, “Posdata”, que poderá presentar este ano na Revolta do Umia.

danic0stas

FILLAS DE CASANDRA

María SOA (1996) e Sara Faro (2001) conforman un dos dúos musicais máis prometedores do panorama musical galego. Na súa proposta predomina a mestura intelixente da música tradicional galega con ritmos electrónicos, a veces incluso coa música clásica de telón de fondo. Todo elo, trufado dunha mirada feminista que presenta semellanzas con outras propostas actuais, como as mismísimas Tanxugueiras. A piques de presentar o seu primeiro traballo, (Acrópole. Febreiro. 2023), acumulan xa ás súas costas máis dunha vintena de concertos. E este ano estarán na Revolta do Umia para presentalo en directo.

FILLAS DE CASANDRA

LOITA AMADA

Logo dunha longa traxectoria na música galega formando parte de bandas como Xenreira, A Matraka Perversa ou NAO, Jásper volve á carga cun novo proxecto musical chamado Loita Amada. Pero esta vez ocupando espazos máis cercanos ao pop ou á canción de autor. Nesta nova andaina, acompañado da pandereteira Nébeda Piñeiro, comeza a darlle forma a un proxecto novidoso que xorde da canción protesta galega. Viva a Loita Amada Revolucionaria! é o nome do seu primeiro disco, que estarán presentando este ano 2023 no Festival A Revolta do Umia.

LOITA AMADA

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Despois de 15 anos de traxectoria, 6 discos e xiras por todo o país, Eladio y los seres queridos non necesitan presentación. Facturando un pop elegante, con influencias do folk, convertéronse nun deses reputados grupos do panorama musical español. No seu sexto traballo, Academia (2020), Eladio y los Seres Queridos recorre á autoprodución como fórmula que lles permite xestionar os seus propios tempos de composición, produción e gravación. Este ano estarán na Revolta do Umia para interpretar algúns dos temas máis coñecidos.

IGLOO

Este grupo orixinario de Caldas de Reis levan 18 anos xa nos escenarios e veñen de presentar estes meses pasados o seu sétimo LP chamado Planes Para Días Grises (2023). O grupo repetirá actuacción na Revolta do Umia logo de ter actuado na edición anterior do noso festival.

MUNDO PRESTIGIO

Nos seus concertos podemos escoitar electrónica, hip-hop, soul, funk, jazz e incluso bossa nova, nunha cocktelera na que teñen cabida colaboracións con artistas como María Grep, ou Grande Amore. Nas súas influencias podemos identificar a The Avalanches, Isaac Hayes ou BadBadNotGood, aínda que o guateque final resultante fai que sexan únicos na súa proposta creativa. Ademais este ano 2023 estrean novos temas que sen dúbida tocarán na Revolta do Umia, demostrando por que son un grupo a ter en conta.

Mundo Prestigio

SOLAR CORONA

Solar Corona naceu dentro da burbulla creativa dunha cidade (Barcelos) que está a escribir rock con liñas maiúsculas. Formados en 2013, tras o lanzamento de tres EPs entre 2013 e 2016, Solar Corona chegou a Lightning One, un disco que resume o resultado de anos de duro traballo na procura do son que triunfaría nesta formación. Recentemente publicaban un disco redondo, “Pace” (2022), que presentarán ao longo deste 2023 en cidades como Barcelona, Clermont Ferrand (FR), Karlsruhe (AL), Londres (UK), Bristol (UK), Bruselas (BE), entre outras. Este ano virán a presentar o seu potente directo na Revolta do Umia.

SOLAR CORONA

GATOR,THE ALLIGATOR

Desde Barcelos (Portugal) chega unha das propostas máis indies desde 2023, especialmente para os seguidores de King Gizzard & the Lizard Wizard. Desde o ano 2018 danse a coñecer entre o gran público co seu primeiro disco “Life is boring”, e con “Mythical Super Bubble”, ofrecen un sensacional disco no que predomina a psicodelia. No 2022 reventaron un dos escenarios do Festival Paredes de Coura, cun directo cargado de electricidade garaxera, ritmos glam rock e psicodelia, no que non deron nin un só respiro ao público. A psicodelia de Gator, the Alligator estará este ano 2023 na Revolta do Umia.

GATOR,THE ALLIGATOR

DHARMACIDE

Dharmacide é un grupo de shoegaze/dreampop de Madrid, que bebe de fontes como Spacemen3, Ride ou Slowdive, así como de referencias máis actuáis como DIIV (cos que sen dúbida existen moitos paralelismos). En setembro de 2021 lanzan o LP debut ‘Cult Band Member’ (irónica declaración de intencións se falamos dun grupo de shoegaze en plena era de movementos como o trap ou o reggaeton). Na primeira metade deste ano 2023 publican novos temas, que presentarán en diferentes festivais ao longo do ano, entre eles a Revolta do Umia.

Dharmacide

COPA TURBO

Se buscas en Google “Copa turbo”, sen máis, devolverá uns 16.100.000 resultados (en 0,38 segundos) do mítico coche francés Renault 5 Copa turbo. Pero en realidade, estamos a falar dun grupo compostelán (non confundades co grupo almeriense Copa turbo, nada que ver), nacido arredor do 2007, que coa súa psicodelia garaxera están logrando facerse cun oco no panorama musical galego. En directo ofrecen un show no que conectan especialmente co público, gracias a un set directo, contundente e moi rítmico. Outra ocasión máis para bailar na Revolta do Umia deste 2023.

BELLVITGE

Bellvitge, banda nacida en Barcelona, está formada por catro integrantes que proveñen de diferentes ubicacións da Península. Todos eles cunha longa traxectoria en bandas como Clouds Over Normandy, wildernesss, Ultrablue, Sem Resposta ou Destruyan Ciudad Accidente. Sen moita pretensión no estilo a realizar, terminaron atopando un post hardcore con claras influencias dos principios dos 2.000, con letras cargadas de rabia e emoción. Atópanse presentando o seu primeiro EP de 6 cancións titulado co mesmo nome da banda, dispoñible en todas as súas plataformas.

BELLVITGE

PANTS OFF

A banda estradense Pants Off leva ‘en activo’ desde 2007, unidos pola súa paixón polo punk-rock de raíces californianas que quixeron traer a Galicia e, agora, ao idioma galego. Tras un parón de varios anos, o grupo retomou a súa actividade en 2017, cun estilo e unhas letras máis maduras e un enfoque máis social e comprometido, no que tamén incorpora o idioma galego. Pants Off regresa cun novo EP, ‘Invisibles’, que presentarán este ano na Revolta do Umia.

Pants off

ÍCARO

ÍCARO é o proxecto en solitario do artista galego Javier Gago. Caracterizado pola contraste entre melodía e contundencia, o seu estilo versátil de guitarras, electrónica e amplos rexistros vocais non te deixarán indiferente.
En Maio de 2021 ÍCARO publica o seu EP de debut “CENIZAS”. Despois de colleitar boas críticas pola prensa especializada, o 1 de Decembro de 2021 publica o seu segundo traballo, “Esquirlas”. O 1 de de Setembro de 2022 sae á luz o seu terceiro EP “INCENDIOS”.

DUENDENETA

Este ano a sesión vermut, as sesións entre grupos, e a pinchada de última hora do sábado estarán amenizadas por DUENDENETA, un clásico dos festivais galegos que nos servirá para non baixar o ritmo en ningún momento. As sesións de DUENDENETA son garantía de animación, de diversión e ritmos. Este ano 2023 toca bailar máis que en ningunha edición.

duendeneta